Este ano foi un ano raro e difícil , un deses que van ca cabeza baixa pensando en miles de cousas, sen levantar os ollos, rozando os pes no chan. Un ano deses que non tiñan que existir, aínda que tamén foi un ano con portas abertas , conapertas agarimosas e apertas cheas de paixón, chocolate e rosas.
O raro deste ano foron as bágoas, moitísimas bágoas compartidas e solitarias que rodaron polas rúas e polas sabas ,aínda hoxe rodaron, desembocando sempre no mesmo suspiro que contrastaba ca paz dos momentos vividos.
O difícil deste ano non foi o latexo dun corazón claudicado por unha cicatriz enorme, foi poder seguir latexando eloitando por unha nena que só tivo a culpa de ser nena, mentres cas súas “amigas” case a rompen por envexa, porqueunha cousa ten a nena, guapa é moi guapa, estudosa, alta, delgada, lista e por se fose pouco é unha filla exemplar. Non merece o que lle está a pasar i este ano pasará á historia como unha anécdota curiosa nunha vida que ten que ser vivida ca intensidade da súa xuventude.
O difícil é sentirte só por momentos, momentos nos que non te lembras que estás vivo e celebrando o final deste ano aínda que só sexa a medio corazón.

No hay comentarios:
Publicar un comentario