O recuncho do home

A mar esculpida entre cadeas e rochas,
chea de burbullas de vida,
fonte e frente de verbas nas ondas.

Fríos sentires encontrados no fondo
das almas agrestes, duras, esforzadas,
loitadores incansabels , noite no día.

Morriña na propia terra, nos puños rabia,
arremeten xigantes contra xentes,
loita contra os temporais nas rúas reais.

Mataron a o "home" de pedra cas ondas negras,
de pena morre o mar, o mar
e as súas xentes loitan
sen doblegar as almas, no mar de xente,
xentiña de mar, as pedras quedan
coma a rabia e a dor o enchen todo.

A mar roubada entre mintiras e "trolas",
chea de rosquillas de morte,
mataron a o "home" de pedra,
mais a nos , non nos matarán.

Todo pasou mentres o día era noite,
mailo berro das xentes,
ouvíuse lonxe e preto da terra síntese o NUNCA MAIS.

25 de Febreiro do ano 2003.