A medio corazón....



Este ano foi un ano raro e difícil , un deses que van ca cabeza baixa pensando en miles de cousas, sen levantar os ollos, rozando os pes no chan. Un ano deses que non tiñan que existir, aínda que tamén foi un ano con portas abertas , conapertas agarimosas e apertas cheas de paixón, chocolate e rosas.

O raro deste ano foron as bágoas, moitísimas bágoas compartidas e solitarias que rodaron polas rúas e polas sabas ,aínda hoxe rodaron, desembocando sempre no mesmo suspiro que contrastaba ca paz dos momentos vividos.

O difícil deste ano non foi o latexo dun corazón claudicado por unha cicatriz enorme, foi poder seguir latexando eloitando por unha nena que só tivo a culpa de ser nena, mentres cas súas “amigas” case a rompen por envexa, porqueunha cousa ten a nena, guapa é moi guapa, estudosa, alta, delgada, lista e por se fose pouco é unha filla exemplar. Non merece o que lle está a pasar i este ano pasará á historia como unha anécdota curiosa nunha vida que ten que ser vivida ca intensidade da súa xuventude.

O difícil é sentirte só por momentos, momentos nos que non te lembras que estás vivo e celebrando o final deste ano aínda que só sexa  a medio corazón.


O País dos acosadores



A dureza da realidade nunca é menor ca imaxinación calenturienta dun director magnífico de cine. Aquí non hai tiros, disfrázanse de insultos, de acoso a menores por parte de nais frustradas, nais que intentan amedentrar a nenas que denunciaron por acoso á súa filla que sí é culpable de delito.

Sí, nais que pensan que van a ser crídas polas mentiras que contan a outras nais.

A miña nena segue sendo acosada no instituto, a xunta de mandamáis do centro seguen a ter láminas de chumbo nos ollos , os insultos son constantes e xa se contan as rifas no patio pero alguén non ve ren.

Xa non só é acosada no centro, senón que unha das nais fai todo o posíbel pra aparecer por onde vai a pasar a miña filla para asustala e insultala.

I é moi posible que tire unha foto ou varias onde sucede esto pois así todo o mundo saberá de quen falo, sempre serán en lugares públicos.

O país é dos que fan país, as rúas xa non son de Fraga Iribarne, i a xusticia debe rematar esto pois ó peor e para a miña nena i eso non o imos a consentir nin eu nin a xente que ten dous dedos de frente.

NON Ó ACOSO .